ACTIVIDADE SUBVENCIONADA POLA DEPUTACION DA CORUÑA

Samurai Xtreme Race – Lago dás Pontes 2025

A Samurai Xtreme Race nace co obxectivo fundamental de fomentar e promover o deporte como estilo de vida e transmitir deste xeito, os valores que a práctica deportiva achegan a nivel persoal e o poder deles sobre a sociedade. A organización da Samurai Xtreme Race cre e aposta polos valores do deporte, como modo de vida, a través do cal conseguir un equilibrio físico, psicolóxico, social e emocional contribuíndo *así, a alcanzar un benestar xeral e estado de felicidade.

Samurai Xtreme Race “Lago das Pontes”  celebrarase e As Pontes de García Rodríguez o  domingo 6 de Xullo de 2025. Esta proba, desafía os participantes para conquistar  obstáculos extremos e terreo duro, será unha carreira duns 9 km de distancia coa saída e a meta na praia do Lago das Pontes, e mais de 42 Obstáculos  que se repartirán por todo o percorrido cunha separación máxima entre eles de 500 metros, a carreira partirá da zona sur da praia do Lago, pasasé pola zona cedida por Endesa ao Concello e penetrásesé na zona propiedade de Endesa. Todo o percorrido será nunha contorna natural con vistas espectaculares ao Lago das Pontes.

Cada Finisher recibirá :

  • Camiseta Finisher oficial.
  • Medalla Finisher exclusiva.
  • Dous Avituallamientos en carreira.
  • Avituallamiento post‐carreira.
  • Agasallos ofrecidos polos nosos patrocinadores. Haberá trofeo especial para @s tres primeir@s clasificad@s, así como os tres primeiros equipos que consigan sumar o menor tempo posible.

¡A Samurai Xtreme Race , non é unha carreira só para adultos!

O obxectivo de facer unha carreira de obstáculos para nen@s, promover a aventura e inculcar un estilo de vida saudable. Na Samurai Xtreme Race tamen hai sitio para a diversión, os nenos de 4 a 13 anos poderán gozar ao mesmo tempo que melloran a súa actividade física para iso creamos a Samurai Junior Race REALE SEGUROS, careira solidaria a favor da Fundación Curemos o Parkinson , que se realizasé na zonas verdes á beira da praia do lago.

Coa Samurai Junior Race REALE SEGUROS  queremos promover a saúde, a actividade física e a diversión; e retornar ao estilo de vida que tiñamos cando nós eramos pequenos unha volta á aventura, que perdemos no día a día.

Hoxe en día, un nen@ típico adica unha media de 7,5 horas cada díá os medios de entretemento: TV, xogo de vídeo, teléfonos celulares, e películas.

Coa Samurai Junior Race queremos conseguir que os nen@s se levanten do sofá, saian á natureza, e sexan capaces por se sós de superar os obstáculos que lles preparamos, para unha vez superados, sentan orgullosos dos seus propios logros como verdadeiros valentes.

O prezo da inscripción serán 10 euros que iran destinados íntegramente a dita fundación.

Cada nen@ recibirá unha camiseta, unha medalla de Finisher, e agasallos ofrecidos polos nosos patrocinadores.

Dispoñerase dunha carpa para certas actividades, duchas e garda roupa.